Sostibilidade
Reformulamos a nosa estratexia para adaptala e aliñala cos Principios do Pacto Mundial, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e o Acordo de París.
O Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024 recolle a nosa folla de ruta e as metas para avanzar na integración dos criterios de sostibilidade e promover accións que sirvan como un impulso para un crecemento sostible.
Sostibilidade
-
Modelo de actuación
Definimos un modelo de actuación que pon a sostibilidade como un dos focos de atención na toma de decisións para crear valor e ter un impacto positivo na sociedade e no medio ambiente.
-
Políticas, ética e transparencia As nosas políticas constitúen o marco corporativo que guía a nosa actuación na procura de cumprir coas necesidades dos grupos de interese alén dos requirimentos legais.
-
Compromisos e alianzas
Ampliamos a nosa rede de alianzas e compromisos para incorporar proactivamente as prácticas e estándares máis esixentes no ámbito da sostibilidade.
-
-
Liñas de acción
As nosas actuacións estrutúranse en tres grandes liñas de acción para unha xestión responsable dos piares de sostibilidade.
-
Ambiental Demos un paso máis na nosa implicación para facer fronte á emerxencia climática, desde a adhesión a diversos compromisos colectivos internacionais ata o cálculo da pegada de carbono ou a redución do consumo enerxético.
-
Socioeconómica
Apoiamos aos nosos clientes na transición a modelos de negocio sostibles e promovemos a mellora da saúde e a educación financeira e o benestar social en xeral.
Compromiso sostible
Consulta algún dos nosos produtos que nos axudan a apostar polo planeta.
Responsabilidade social
Intentamos estar presentes na mellora da contorna natural e social na que operamos.
-
Bo goberno
Promovemos un modelo de xestión comprometido e transparente, baseado nos nosos valores corporativos (responsabilidade, innovación, calidade e fiabilidade) e orientado ás necesidades de todos os grupos de interese.
Cultura de calidade
Estamos comprometidos coa mellora continua e a excelencia na xestión dos nosos procesos e servizos como pancas necesarias para ofrecer servizos de calidade, promovendo as mellores prácticas nos sistemas de xestión, coñecendo as expectativas dos nosos clientes internos e externos e impulsando accións para a mellora.
Xestión singular da vivenda
Traballamos para protexer a todos os nosos debedores hipotecarios por iniciativa propia. Consulta o fondo social de vivenda e o formulario de solicitude que debes remitir a gestionsingularvivienda@abanca.com.
Teléfono de información: 981 18 65 79
-