• Oficinas
  • Contacto
  • Mapa web
ABANCA
  • Web comercial
  • Noticias
  • Información corporativa
  • Emprego
  • Para investidores
  • RSS
  • Castellano
  • English

Somos accesibles

  • Política de privacidade
  • Somos accesibles
  • Política de cookies
  • Aviso legal
  • Taboleiro de anuncios

Que é a accesibilidade

A accesibilidade é o grao en que as persoas poden empregar un obxecto, visitar un lugar ou acceder a un servizo independentemente das súas capacidades técnicas, cognitivas ou físicas.

Para aumentar a accesibilidade dos produtos e servizos empréganse certas técnicas que salvan ou reducen os obstáculos e barreiras do contorno. Grazas a estas técnicas conséguese que as persoas que teñen algunha discapacidade realicen a mesma acción ca unha persoa sen ningunha. Exemplos destas axudas técnicas son o alfabeto braille, a lingua de signos, as cadeiras de rodas, os sinais auditivos dos semáforos, etc.

A accesibilidade é un dereito que garante que unha persoa poida entrar, transitar e permanecer nalgures, de xeito seguro, confortable e autónomo. Para iso hanse de suprimir as barreiras físicas.

En informática, a accesibilidade inclúe axudas como las tipografías de alto contraste ou gran tamaño, magnificadores de pantalla, lectores e revisores de pantalla, programas de recoñecemento de voz, teclados adaptados e outros dispositivos de entrada de información.

A accesibilidade aplicada ao contido de internet denomínase accesibilidade web. Para a web, o W3C desenvolveu directrices ou pautas específicas que garanten este tipo de accesiblidade. O grupo de traballo dentro do W3C que se encarga de promover a accesibilidade é o WAI, que elaborou unhas Pautas de accesibilidade ao contido Web (WCAG 1.0 e 2.0).

Accesibilidade e discapacidade

As discapacidades que afectan a accesibilidade das webs poden ser:

  • Visuais: nos seus distintos graos, desde a visión escasa á invidencia total; tamén inclúe problemas para distinguir cores (daltonismo).
  • Motrices: dificultade ou imposibilidade para usar as mans, incluídos tremores, lentitude muscular, etc. Estes síntomas poden causalos enfermidades ou situacións coma o párkinson, a distrofia muscular, a parálise cerebral, a carencia de membros…
  • Auditivas: xordeira ou deficiencias auditivas.
  • Cognitivas: dificultades de aprendizaxe (dislexia, discalculia, etc.) ou discapacidades cognitivas que afecten a memoria, a atención, as habilidades lóxicas, etc.

A accesibilidad na web de ABANCA

Para garantir o correcto acceso a todos os usuarios, a web está optimizada tanto para os navegadores máis estendidos como para outros menos habituais. Ademais tamén se revisou a correcta navegación utilizando navegadores de só texto e desactivando estilos e imaxes.

Co fin de dotar o sistema dos máis avanzados mecanismos de seguridad e protección, recomendámosche que instales a última versión do teu navegador. Podes obtela nas seguintes páxinas, dependendo do navegador que empregues:

  • Google Chrome
  • Microsoft Internet Explorer
  • Mozilla Firefox
  • Opera
  • Safari
  • Lynx (navegador que opera en modo texto)
  • Contacto
  • Oficinas
  • Axudámoste
  • Información para accionistas e investidores

    • Información xeral
    • Información financeira
    • Información privilexiada
    • Outra información relevante
    • Feitos relevantes ata 08/02/2020
    • Goberno corporativo e política de remuneracións
  • Goberno corporativo e política de remuneracións

    • Estatutos
    • Xuntas Xerais de Accionistas
    • Consello de Administración
    • Comisións do Consello
    • Estrutura organizativa
    • Recomendacions do Código de Bo Goberno Corporativo
    • Regulamento interno de conduta
    • Política de Comunicación
    • Política de Gobierno Corporativo del Grupo ABANCA
    • Fusions
  • Responsabilidade Social e Sostenibilidade

    • Sostibilidade
    • Responsabilidade social
    • Informes non financeiros
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Servizo de atención ao cliente
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.