Responsabilidade social
A Responsabilidade Social constitúe unha das nosas prioridades polo compromiso coa sociedade e a contorna natural na que operamos. Recoñecemos a urxencia e a importancia de adoptar medidas que potencien un modelo de actuación social comprometido cun impacto positivo.
Responsabilidade social
-
Afundación
Afundación, a Obra Social de ABANCA, busca o desenvolvemento integral da sociedade galega. Os seus principais obxectivos son: desenvolver un modelo de educación superior de calidade orientado á empresa, potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e fomentar o coñecemento a través da cultura.
-
Voluntariado A solidariedade, a cooperación, o respecto, o traballo en equipo e o compromiso son valores que inspiran o noso programa de voluntariado, posto en marcha en 2014, no que participan activamente as persoas que forman parte do equipo ABANCA.
Programa Actúa Voluntariado
Desenvólvese naqueles lugares onde temos presencia, poñendo en marcha iniciativas encamiñadas a promover a sostibilidade. Os nosos ámbitos de actuación: voluntariado medioambiental, educativo e social.
Proxecto PLANCTON
É un plan multidisciplinario que ten como obxectivo espertar unha conciencia sostible na sociedade en xeral e no sector pesqueiro en particular.
-
Educación financeira
O noso obxectivo é contribuír a que o maior número de persoas teña o coñecemento necesario para poder tomar decisións responsable e informadas sobre as súas finanzas persoais.
Programa de educación financeira
O programa conta con actividades adaptadas aos diferentes colectivos sociais segundo a etapa da vida na que están.
O noso programa divídese en catro grandes eixos: aprender a xestionar os cartos desde a infancia; xestión de riscos; alfabetización e saúde financeira para escolares, colectivos profesionais e maiores; e cultura emprendedora.
-
+Social
Impulsamos programas de carácter social que poñen atención e posibilitan o desenvolvemento integral das persoas.
Programa +60 acompañámoste
En 2020, durante a crise máis agudizada pola COVID-19, mobilizámonos para acompañar a persoas maiores a través dun servizo telefónico dirixido ás máis de 14 000 persoas socias dos 11 espazos +60, así como a toda a poboación +60 de Galicia.
Os obxectivos foron estar preto deste colectivo e detectar as situacións de maior vulnerabilidade para acompañalas mediante voluntariado. Como resultado do programa, elaborouse un estudo sobre as estratexias das persoas maiores para abordar esta crise.
Cultura por alimentos
Mediante a colaboración cos diferentes Bancos de Alimentos locais, habilítanse contedores (durante os eventos culturais celebrados nos espazos de Afundación) que serven de puntos de recollida de alimentos para que os visitantes das iniciativas culturais poidan realizar as súas doazóns.
-
-
Colección de arte ABANCA
Promovemos o desenvolvemento cultural da sociedade poñendo a disposición todo o noso patrimonio artístico. Difundimos e divulgamos a Colección de Arte ABANCA, unha das máis importantes do territorio español de ámbito privado.
-
Colección ABANCA A Colección de ABANCA conta cun fondo artístico de 5 000 obras entre pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e novas tecnoloxías. Abarca un percorrido polas distintas etapas artísticas coas obras fundamentais que recollen toda a historia da nosa arte desde o século XIX ata os nosos días.
-
-
Edificios singulares
Temos en conta a significación e transcendencia da actividade das organizacións do sector terciario poñendo os nosos edificios singulares ao seu dispor de balde.
-
Edificios singulares
-