Os nosos edificios singulares
Auditorio ABANCA
O inmoble, coñecido co nome de Pazo de Ramirás, era o antigo palacio dos Condes de Gimondi e na súa fachada principal resalta o escudo nobiliario dos seus antigos propietarios. Posteriormente foi sede dos almacéns El Pilar.
O edificio, reformado ao longo dos anos ata en seis ocasións, está localizado no casco antigo da cidade de Santiago, a escasos metros da Plaza de Cervantes e a Catedral. Os edificios da zona, caracterizados polas súas fachadas de pedra, complementadas con calzadas tamén de pedra, conforman a típica arquitectura do casco histórico da cidade.
O proxecto de rehabilitación e adaptación das instalación respectou a fisionomía orixinal do edificio, mantendo o conxunto arquitectónico que conforma xunto cos inmobles lindeiros. No interior do edificio incorporáronse as reformas necesarias para habilitar un auditorio con capacidade para 614 persoas, distribuídas entre o patio de butacas e un anfiteatro en dous niveis.
Potenciar o acceso da sociedade compostelá en particular, e da galega en xeral, á cultura é o obxectivo fundamental de este recinto de ABANCA, pensado para acoller as mais diversas manifestacións escénicas e musicais, así como para reforzar a opción de Santiago de Compostela como área de convencións e congresos.
¡Fai una visita virtual polo noso auditorio!
Centro Obra Social ABANCA
O Centro Obra Social ABANCA está emprazado no edificio do antigo Banco Hijos de Olimpio Pérez que domina a céntrica Praza de Cervantes, elemento clave da zona alta do casco histórico compostelán e punto no que conflúen tódalas rúas do seu entorno.
Os irmás Olimpio e Cándido Pérez Rodríguez, seguindo a traxectoria bancaria de seu pai Manuel Pérez Saez, instalado no número 17 da Praza de Cervantes dende 1846, adquiren os edificios lindeiros coa intención de erixir unha nova construción para o banco, proxecto que é encargado ao compostelán Manuel Pereiro Caeiro, amigo e veciño de Olimpio Pérez.
Un equipo dirixido por José Luis Pereiro foi o encargado de acometer a rehabilitación do inmoble, proxectado polo seu bisavó, para adaptalo aos novos usos socioculturais previstos por ABANCA. Na actualidade as instalación ocupan unha superficie de case tres mil metros cadrados e conta con tres salas de exposicións, un auditorio, unha sala de lectura e varias aulas para a organización de actividades formativas de diversa índole, salas de reunión e diferentes espazos que conforman un centro de formación e información. Na parte traseira, o edificio conta cunha galería que da a un pequeno xardín adornado con plantas e árbores.
¡Fai unha visita virtual polas súas diferentes salas!
Espazo Avenida
O edificio Espazo Avenida é un desenvolvemento moderno e eficiente, situado no Cantón Grande, 7, A Coruña, onde se atopaba o cinema Avenida (deseñado por Rafael González Villar) en desuso desde 1998.
Está incluído no “Catálogo de unidades edificatorias e elementos de interese” do PEPRI da Cidade Vella e Pescadería, e foi rehabilitado de xeito integral respectando todos os seus elementos singulares. Mantéñense e recuperan as súas fachadas (principal e patios interiores), carpinterías exteriores, núcleos de escaleira e ascensor, así como os elementos ornamentais característicos.
A innovación é un dos sinais de identidade do edificio, que incorpora a tecnoloxía máis avanzada para poñer ao servizo da clientela, os equipos de traballo e toda a cidadanía espazos confortables, á vez que útiles e funcionais. Destacan elementos como o escaparate experiencial ou o avatar de Intelixencia Artificial que realiza as funcións dun xestor de citas, así como a pantalla led e o sistema de proxección instalados na antiga sala de cinema, que se converteu nun espazo flexible e polivalente que permitirá acoller encontros nos formatos máis singulares.
A sustentabilidade é outra característica que guiou o proxecto desde o primeiro momento. En todo o proceso de construción aplicáronse as mellores prácticas para minimizar o impacto ambiental, e coidáronse especialmente aspectos como a eficiencia enerxética, o confort térmico, a iluminación, o consumo de auga ou a recollida de residuos. As intervencións realizadas complétanse coa creación de zonas axardinadas e a incorporación de vexetación ao deseño. Estes elementos verdes contribuirán a mellorar o benestar do cadro de persoal do banco que traballa no centro, así como a experiencia do resto de persoas que o visiten.
O seu propósito principal é un edificio de uso administrativo, con usos privados e de atención ao cliente, que inclúe oficinas comerciais, espazos para equipos internos e espazos de representación cunha superficie útil de 3.228 m2.
O presidente de ABANCA remarcou que é un centro aberto á sociedade. “Aínda que este sexa un centro de traballo, en concreto, un lugar onde se ofrecerán e xestionarán servizos financeiros, Espazo Avenida non foi concibido como un edificio pechado. Pola contra, pretendemos que sexa un sitio onde poder escoitar e potenciar as aspiracións dos nosos clientes; un núcleo no que viabilizar ideas e proxectos de mozos, de emprendedores ou de calquera persoa que teña unha iniciativa que compartir”.
Para máis información, a Guía do usuario do edificio proporciona aos usuarios finais/ocupantes do edificio unha guía sinxela, rápida e fácil das funcións cotiás do edificio para garantir unha contorna de traballo segura e saudable, á vez que complementa a operación eficiente do edificio con todo o potencial proporcionado polo deseño.