Política de cookies
Uso de cookies nas páxinas web de ABANCA Corporación Bancaria S.A.
Nas páxinas web de ABANCA Corporación Bancaria S.A. (en adiante, “ABANCA”), e nos seus subdominos (en adiante, conxuntamente, o “Sitio Web”), utilizamos cookies propias e de empresas colaboradoras tanto para mellorar a túa experiencia de usuario como para amosarche os contidos comerciais adaptados aos teus intereses mediante a análise dos teus hábitos de navegación, tal e como explicamos a continuación.
Esta política pode ser actualizada por diversas razóns; por exemplo, debido a novas esixencias lexislativas, instrucións ditadas pola Autoridade de control ou cando exista algunha variación no funcionamento das cookies empregadas polo Sitio Web. Por este motivo, invitámoste a revisar a devandita política de forma regular.
Que son as cookies?
Coa finalidade de ofrecerche os servizos e funcionalidades do Sitio Web, ABANCA utiliza diferentes tipoloxías de cookies, propias e de terceiros, tal como se informa na consola de configuración e xestión de cookies presente no Sitio Web.
Unha cookie é un pequeno arquivo que se descarga no teu dispositivo ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cosas, verificar o propio funcionamento da mesma e a comprobación de aspectos esenciais, como a identidade do usuario en caso de peticións individualizadas.
As cookies poden afectar á túa privacidade, por este motivo, queremos ofrecerche toda a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies que utilizamos, para que teñas plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e á protección da túa privacidade. Para iso, no apartado Que cookies utilizamos? poñemos á túa disposición un botón de acceso directo ao panel de configuración, que contén as cookies utilizadas polo Sitio Web e as súas finalidades.
Que tipos de cookies hai e cales utilizamos?
Existen diferentes tipos de cookies dependendo de diversos factores:
-
En función de quen as crea, poden ser:
- Cookies propias: son aquelas creadas ou xestionadas polo titular do Sitio Web.
- Cookies de terceiros: son aquelas administradas por un terceiro diferente e alleo ao titular do Sitio Web.
-
En función da súa duración, poden ser:
- Cookies de sesión: son aquelas deseñadas para obter e almacenar datos mentres que accedes ao Sitio Web. Estas cookies son temporais, polo que desaparecen ao finalizar a sesión.
- Cookies persistentes: son aquelas que permiten almacenar os datos no teu equipo e/ou terminal, de xeito que o responsable da cookie poida acceder a eles e tratalos durante o período de tempo que este determine.
-
En función da finalidade para a que se traten os datos obtidos, poden ser:
- Cookies técnicas: son aquelas que permiten a navegación, sendo necesarias e imprescindibles para que o Sitio Web funcione correctamente.
- Cookies de análise: son aquelas que permiten realizar o seguimento e análise do comportamento no Sitio Web.
- Cookies de personalización: son aquelas que permiten acceder ao servizo con características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no teu equipo e/ou terminal como, por exemplo, a lingua, o tipo de navegador a través do cal accedes ao servizo, etc.
- Cookies publicitarias: permiten a xestión efectiva dos espazos publicitarios contidos no Sitio Web, pudendo almacenar información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para amosar publicidade en función do mesmo.
Neste Sitio Web poñemos a disposición dos seus usuarios unha consola de configuración de cookies mediante a que podes xestionar as túas preferencias en relación coa instalación ou non de cookies no teu equipo e/ou terminal, así como obter información detallada sobre as tipoloxías de cookies que emprega o Sitio Web e as características de cada unha das cookies que utilizamos.
A consola de configuración de cookies amósase ao usuario coa súa primeira visita ao Sitio Web e, ademais, é posible acceder á mesma desde aquí.
Informámoste de que, se procedes a gardar a configuración de cookies sen ter activado ningunha opción, equivalerá a rexeitar tódalas cookies, a excepción das cookies técnicas que, tal e como che indicamos, sempre se atopan activas por defecto.
Quen utiliza as cookies?
A información que se obtén a través das cookies nunha páxina web pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web, como por un terceiro que preste un servizo ao titular.
Neste sentido, a información das cookies utilizadas no presente Sitio Web é tratada por ABANCA, como titular da páxina web, así como por terceiros que lle prestan servizos. Estes terceiros son:
1 . Google Analytics
Este Sitio Web utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google, Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. Google, Inc., é unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está no 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos ("Google").
Como moitos outros servizos, Google Analytics utiliza cookies. A información que xera a cookie acerca do uso pola túa parte do Sitio web (incluíndo o teu enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores de Estados Unidos. Google usará esta información pola nosa conta co propósito de seguir a pista do uso do Sitio Web pola túa parte, recompilando informes da actividade e prestando outros servizos relacionados coa devandita actividade e o uso de internet. Google poderá transmitir a citada información a terceiros cando así llo requira a lexislación, ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o teu enderezo IP con ningún outro dato do que dispoña Google. Podes rexeitar o tratamento dos datos ou a información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do teu navegador, non obstante, debes saber que se o fas pode ser que no poidas usar a plena funcionalidade do Sitio Web.
No teu navegador poderás observar cookies deste servizo. Podes atopar máis información sobre as cookies de Google, así como sobre o complemento de inhabilitación de cookies para navegadores creado por Google Analytics.
2 . Adobe Analytics e Adobe Target
Este Sitio Web utiliza Adobe Analytics e Adobe Target, servizos que forman parte de Experience Cloud, unha familia de solucións e servizos de marketing dixital proporcionados por Adobe Systems Software Ireland Limited, compañía que ten a súa sede principal en 4-6 Riverwalk, Citywest Business Campus, Saggart D24, Dublín, Irlanda (“Adobe”).
Adobe Analytics utiliza cookies con finalidade analítica (ex. para diferenciar as solicitudes de distintos navegadores ou analizar o fluxo de navegación). Pola súa parte, Adobe Target usa cookies para ofrecer aos editores do Sitio Web unha serie de ferramentas de personalización (ex. para determinar o contido en liña máis relevante).
Podes atopar máis información sobre as cookies de Adobe en:
Así mesmo, podes obter máis información sobre as opcións de privacidade de Adobe, entre as que se inclúe o rexeitamento das cookies.
3 . Ligazóns a redes sociais
No Sitio Web tamén poderán incluírse botóns a través dos cales, de forma sinxela e intuitiva, poderás ligar e/ou compartir certos contidos do Sitio Web en redes sociais como Twitter ou Facebook. Esta funcionalidade comporta o uso de cookies que ligan coas páxinas web destas redes sociais, almacenando a información unicamente nelas.
Podes atopar máis información sobre as cookies empregadas polas redes sociais en:
Os terceiros aludidos nos apartados 1, 2 y 3 anteriores poderán, no seu caso, realizar transferencias internacionais de datos segundo o disposto na súa correspondente Política de Cookies. Neste sentido, podes acceder ás ligazóns facilitadas na identificación de cada un dos terceiros neste apartado denominado “Quen utiliza as cookies?”.
Como visualizar as cookies?
Tódolos navegadores ofrecen a posibilidade de buscar e visualizar as cookies que instala un determinado sitio web, obter información relativa á duración das mesmas e á posibilidade de eliminalas, tal e como se indica no seguinte apartado.
A continuación, amósanse unha serie de ligazóns informativos sobre esta cuestión dos navegadores de Internet máis utilizados:
Como eliminar as cookies?
Para restrinxir ou bloquear as cookies, deberás modificar a configuración do navegador que utilices no teu equipo e/ou terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet.
A desactivación das cookies non impide a navegación polo Sitio Web, aínda que pode afectar ao seu funcionamento normal ou de determinados servizos e/ou funcionalidades do mesmo.
Con carácter xeral, os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación coa instalación de cookies:
-
Que o navegador rexeite tódalas cookies e, polo tanto, non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no teu equipo e/ou terminal.
-
Que o navegador te avise antes de que se produza a instalación da cookie para que decidas se aceptas ou non a instalación da mesma.
-
Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visitas, pero non as utilizadas polo sitio web polo que navegas.
-
A opción de navegación en modo privado mediante a cal as cookies se instalan no terminal, pero elimínanse de xeito automático cando finalizas a navegación pola páxina web. Nas seguintes ligazóns podes obter información sobre a navegación en modo privado nos navegadores de Internet máis utilizados:
Durante canto tempo conservamos os datos xerados polo uso das cookies?
Os datos xerados polo uso das cookies serán conservados durante un prazo de doce (12) meses. Transcorrido este prazo, os datos da túa IP asociados á configuración das cookies aceptadas xa non estarán dispoñibles nos nosos sistemas, polo que deberás volver a configurar as cookies de acordo ás túas preferencias.
Aceptación da Política de Cookies e/ou Modificación da configuración das cookies do Sitio Web
Amosamos información sobre a nosa Política de Cookies a primeira vez que accedes ao Sitio Web. Ante esta información podes realizar as seguintes accións:
-
Aceptar as cookies. Podes aceptar o uso das cookies, o que che permitirá utilizar tódalas funcionalidades do Sitio Web sen restricións. En tal caso, non volverás visualizar este aviso ao acceder a calquera páxina do Sitio Web.
-
Modificar a configuración das cookies. Poderás obter máis información sobre que son as cookies, cales son as cookies utilizadas polo Sitio Web, coñecer a política de cookies de ABANCA e modificar a configuración das cookies para adaptala ás túas preferencias.
En calquera momento podes xestionar os teus consentimentos relacionados coas diferentes tipoloxías de cookies empregadas polo Sitio Web accedendo á consola de configuración, dispoñible de forma permanente no apartado “Que cookies utilizamos?” desta Política de Cookies.
Se desexas obter máis información sobre a túa privacidade, podes consultar a nosa Política de Privacidade.