Educación financiera
O obxectivo da Educación Financeira é contribuír a que o maior número de persoas posible teña información dabondo para poder tomar decisións responsable e informadas sobre as súas finanzas persoais. Desde que se puxo en marcha, o programa está deseñado universal e inclusivamente e conta con actividades adaptadas ás necesidades de formación en finanzas que presentan os diferentes colectivos sociais segundo a etapa da vida na que están.
Programa de educación financiera
-
Xestiona as túas finanzas
Actividades dirixidas a comezar a concienciar desde idades temperás da importancia de manexar correctamente as nosas finanzas.
-
Aprender a xestionar os cartos dende a infancia - O xogo en liña A tola aventura do aforro.
- Xogo presencial «Gran Prix Financeiro».
- Participación dos voluntarios e voluntarias do banco e Afundación no programa para estudantes de secundaria impulsado pola AEB e Junior Achievement, «As túas finanzas, o teu futuro».
-
-
Xestión de riscos
O nosos obxectivo é a sensibilización a nenos e mozos na cultura da prevención e os ODS.
-
Segura-Mente Salientamos a cuarta edición do programa Segura-Mente ABANCA. Estes profesionais ofrecerán charlas nos centros escolares que o soliciten para reforzar os contidos que se abordan no programa. Tamén forma parte deste bloque o programa de ciberseguridade para escolares no que o ano pasado participaron máis de 3 300 rapaces e rapazas.
-
-
Alfabetización e saúde financeira
Nesta área, promóvese o coñecemento financeiro a través de contidos plurais e actualizados mediante contornas participativas entre públicos de todas as etapas vitais.
-
Programa de talleres e conferencias O terceiro eixo comprende talleres e conferencias dirixidos a mellorar os coñecementos financeiros de tres colectivos:
- Escolares: a actividade máis salientable é o teatro de educación financeira, contando xa con 4 obras diferentes producidas para o noso programa e que se representaron nos últimos años.
- Persoas maiores: deseñáronse actividades dirixidas a mellorar a súa cultura financeira xeral, así como obradoiros que poidan promover a súa inclusión financeira e darlles apoio para afrontar o proceso de dixitalización. As propostas céntranse en capacitar a estas persoas para o uso da banca móbil e os dispositivos de autoservizo, coa fin de que poidan gañar seguridade e autonomía para realizar as operacións financeiras máis habituais e mellorar o control da súa economía persoal e familiar.
- Autónomos e profesionais.
-
-
Cultura emprendedora
As actividades escénicas e as didácticas complementarias ás iniciativas de índole artística inciden na importancia dunha aprendizaxe eticamente fundamentada.
-
Actividades e programas para cultivar a cultura do emprendemento. Estas actividades teñen como finalidade promover a cultura emprendedora nas aulas. Salientamos o programa «Empresa familiar nas aulas», que se desenvolve en colaboración coa Asociación Galega de Empresa Familiar.
-