Imaxe en alta resolución
Javier Alonso Ruiz-Ojeda
Vogal
Conselleiro independente
Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Zaragoza e PADE (Programa de Alta Dirección de Empresas) polo IESE Business School. Acumula 42 anos de experiencia no sector de banca e finanzas, con alta exposición internacional.
Traxectoria profesional
Desempeñou diferentes responsabilidades no Banco de España, como subgobernador (2017-2018), director xeral de Operacións, Mercados e Sistemas de Pagamento (2006-2016), director de Operacións (2000-2006) e director de Operacións Exteriores (1989-2000).
Tamén foi membro do Consello de Supervisión do Mecanismo Único de Supervisión (MUS) do Banco Central Europeo (BCE), onde ademais formou parte de diferentes comités e grupos de alto nivel; dos comités do Sistema Financeiro Global (CGFS) e de Mercados do Banco de Pagos Internacionais (BIS); do Consello de Administración da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV); e do Consello de Administración e o Comité Executivo de Bolsas y Mercados Españoles (BME).
Máis recentemente foi conselleiro de TARGOBANK (2023-2024) e de ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros (dende 2002).
En outubro de 2025 é nomeado vogal do Consello de Administración de ABANCA Corporación Bancaria, S.A.