Organigrama
Organigrama
Comité de dirección
-
Francisco Botas Ratera
Conselleiro Delegado
O conselleiro delegado ten encomendada a xestión ordinaria do negocio, coas máximas funcións executivas, dado que o Consello de Administración delegou na súa persoa todas as súas facultades, agás aquelas que non poden ser delegadas conforme o disposto na lei, nos Estatutos ou no Regulamento do Consello de Administración.
-
Alberto de Francisco Guisasola
Dirección xeral de finanzas
Esta área diríxe o deseño, desenvolvemento e execución das estratexias orientadas á xestión das finanzas do banco, sendo a encargada de xerar e comunicar a información financeira. Desde esta función de comunicación a oficina de Relación con Inversores atende á comunidade de inversores propietarios de títulos do banco. Tamén se xestionan dende Finanzas o aprovisionamiento e as compras do banco, a orzamentación dos gastos operativos, a contabilidade analítica de costes e a dirección das estratexias de desenvolvemento do negocio inmobiliario, tanto do patrimonio propio como dos adxudicados.
Correspóndelle a esta área a dirección das estratexias de investimento, xestión e posta en valor da carteira de empresas participadas. Tamén presta apoio a proxectos no ámbito das start up de tipo fintech, regtech e insurtech, complementando os servicios parafinancieros da entidade e asesorando a empersas en operacións de M&A de middle market.
-
José Manuel Valiño Blanco
Dirección xeral de IT, información, procesos e operacións
As súas funcións están fundamentalmente orientadas a maximizar a eficiencia da arquitectura tecnolóxica, a enxeñería, o desenvolvemento e a operación das aplicacións e infraestructuras de IT, así como os procesos, a innovación, a execución de proxectos e a xestión dos servizos xerais orientados á excelencia operacional e a eficiencia en custos.
-
María Camino Agra
Capital humano
Esta área é responsable da captación, retención, xestión, desenvolvemento e capacitación do capital humano do banco, mediante o establecemento de mellores prácticas organizativas e desenvolvemento do talento humano que require a organización. Ademais é responsable da xestión e fortalecemento do clima e dos valores culturais corporativos.
-
Juan Luis Vargas-Zúñiga Mendoza
Mercado de capitais, xestión e distribución institucional
Dirixe as estratexias e desenvolvemento dos produtos de mercados financeiros de divisa e derivados, así como a estratexia e desenvolvemento das mesas de Tesourería e da propia Tesourería do banco, que inclúe a xestión das mesas e da Tesourería propia e as funcións de back office de soporte ás mesas. Adicionalmente dirixe a estratexia de xestión e comercialización especializada de produtos de fondos e plans de pensións, destinados a clientes do banco, xestionados polos diferentes canais e a xestión de clientes institucionais.
-
Miguel Ángel Escotet Álvarez
Responsabilidade Social, Sostenibilidade e Comunicación.
A misión da área é integrar na xestión da entidade os elementos de dirección necesarios para implementar un modelo de empresa cidadá responsable que contribúa a un desenvolvemento sustentable, que satisfaga as expectativas dos seus grupos de interese e comunique interna e externamente de xeito transparente as posibilidades reais de acompañamento e apoio ás necesidades da sociedade en coordinación con Afundación. Asemade centraliza toda a conexión cos medios de comunicación e redes sociais, así como as relacións do banco coas distintas institucións e organizacións de diferente índole.
-
José Luis Vázquez Fernández
Crédito
Coa finalidade de preservar a mellor calidade da carteira de investimento e facilitar o crecemento sustentable da entidade cunha adecuada rendibilidade axustada ao risco, esta área ten a misión de dirixir o deseño, o desenvolvemento e a execución das estratexias en materia de xestión do risco de crédito. Por tanto, é responsable de aliñar e orientar a Admisión e Análise do risco de crédito ao perfil de risco definido polo banco, de propiciar unha boa instrumentación e formalización dos principais produtos de activo que minimice o risco operacional e garanta aa consistencia das garantías, e de asegurar un eficaz seguemento do risco de crédito vivo que soporte fielmente a correcta clasificación da carteira de investimento crediticio. Encárgase tamén da dirección das estratexias e desenvolvemento da área de Recuperacións, que inclúe as función e procesos de recuperación de Grandes Empresas ou Corporativa, Empresas, Recuperación Masiva (tanto Pemes como Familias). Así, estas funcións han de desempeñarse de acordo coa planificación estratéxica da organización e as normativas legais vixentes tanto a nivel nacional como internacional.
-
Alfonso Caruana Cámara
Negocio internacional
As súas funcións están fundamentalmente orientadas á dirección do deseño, o desenvolvemento e a execución das estratexias comerciais dos produtos e servizos para os clientes non residentes, comercio exterior, así como a xestión e operación do modelo de xestión comercial internacional, nos diferentes países onde a entidade ten oficinas operativas (Portugal, Miami, México e Xinebra) e de representación, orientado a reter e captar novos clientes, garantindo a entrega de servizos de calidade e a xestión eficiente en custo.
-
Pablo Triñanes Lago
Control corporativo e riscos
Nesta área diríxese o deseño, desenvolvemento e execución das estratexias de identificación, monitorización, control e mitigación dos riscos, prevención de perdas e continuidade de negocios do banco, asegurando a correcta implantación de estratexias de xestión conforme as regulamentacións, a atención de grupos de interese e a complexidade das operacións, produtos e servizos da organización.
-
José Eduardo Álvarez-Naveiro Sánchez
Gobierno corporativo e asuntos legais
Forma parte da segunda liña de defensa do banco e ten por funcións principais o asesoramento xurídico e fiscal da entidade, a Secretaría do Consello de Administración e das súas Comisións asegurando a aplicación e actualización do Sistema de Goberno Corporativo do banco conforme as mellores prácticas sectoriais de gobernanza, así como a función de cumprimento normativo, incluída a prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo e o Servizo de Atención ao Cliente.
-
Pedro Veiga Fernández
Planificación Estratéxica e PMO
Esta área aúna as funcións de planificación estratéxica, goberno do dato e o seguimento dos proxectos de ABANCA, asegurando a coordinación entre os mesmos e os obxectivos estratéxicos da nosa entidade. Lidera a definición da estratexia do Banco con modelos robustos de previsións e proxección financeira, e garante elevados niveis na súa execución, apalancados en aliñamento, foco estratéxico e control de execución das metas establecidas. Ademais, impulsa o proceso de transformación do Banco a través da execución docartafol de proxectos cumprindo prazos, orzamento e promesa de valor.
-
Gabriel González Eiroa
Dirección Xeral Comercial
Neste Departamento concéntrase a relación cos clientes do Banco. Baixo un modelo de alta especialización tanto en persoas físicas (Banca Privada, Banca Persoal, Banca de Valor do Cliente, Autónomos e outros segmentos) como en persoas xurídicas (Empresas, Pemes, Empresas e Corporativo). Unha premisa fundamental desta Concellería é escoitar activamente as necesidades dos clientes, con vistas a anticiparse ás súas demandas potenciais. As máis de 700 oficinas existentes en España permítennos realizar a banca local dentro dun modelo de relación omnicanal, onde o cliente decide en cada momento como relacionarse co Banco.
-
Jorge Martínez Martínez
Medios de Pago e Consumo
Cunha clara visión cliente e atendendo a criterios de innovación, calidade na xestión e traballando baixo formatos de metodoloxías “áxiles”, desde esta área deséñase, desenvólvese e implántanse as estratexias para o progreso do negocio de Consumo e Medios de Pago, aproveitando as oportunidades do contorno ou creándoas. Simultaneamente, coordina a dirección, planificación e control da compañía financeira “ABANCA SERVICIOS FINANCIEROS EFC, S.A., que conta cunha posición relevante no mercado do financiamento ao consumo en España. Asumen, polo tanto, a responsabilidade do cumprimento das normativas legais e do cumprimento do plan de negocio cun claro impulso da transformación dixital. Con esta finalidade deseñan os produtos, servizos, accións comerciais e campañas necesarias para satisfacer as necesidades dos nosos clientes e situarnos entre as mellores prácticas do mercado. Representan o Banco en distintas Entidades: Visa, MasterCard, procesadores ou licenciatarias; e establecen con todos eles sinerxías que benefician as Entidades e clientes.
Desenvolvemento de negocio e clientes
-
Manuel Nogueira Fernández
Desenvolvemento de negocio e clientes
Neste ámbito, deséñase e desenvólvese a evolución do modelo de negocio do Banco, tendo en conta os valores e obxectivos corporativos que se resumen nunha emoción: Common Feeling Escoitar e responder ao cliente con transparencia e honestidade, con proximidade e sinxeleza. A nivel estratéxico, identifica, crea e aproveita as oportunidades que ofrece tanto a contorna como o mercado, tratando de anticiparse ás tendencias e necesidades a resolver para os clientes. A nivel táctico, deseña a oferta sistemática e comercial que demandan os distintos segmentos, xerando accións que fagan realidade a estratexia con alcance e enfoque omnicanal, coidando os detalles para ofrecer a mellor experiencia ao cliente cunha relación a longo prazo. visión. Ademais, a área encárgase doutras funcións ao servizo das redes como o marketing e a intelixencia do cliente, dirixidas á captación, desenvolvemento e retención de clientes.
Auditoría
-
Julián Serrapio Vigo
Auditoria
A súa misión consiste en darlle soporte ao goberno corporativo na eficiencia e eficacia do sistema de control interno, mediante a participación no establecemento dun óptimo ambiente de control de risco, a administración do risco e o cumprimento da normativa legal e das normas e procedementos establecidos para a xestión da institución, co fin de garantir e prover seguridade e solidez no logro dos obxectivos, estratexias e xestión funcional operativa.