Imaxe en alta resolución
Rosa María Sánchez Yebra Alonso
Vogal
Conselleira Independente
Nada en Ourense. Técnico Comercial e Economista do Estado Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Dirección e Administración de Empresas (MBA) polo Instituto de Empresa (IE Business School) de Madrid.
Traxectoria profesional
Iniciou a súa carreira profesional en 1990 como experta en patentes químicas e farmacéuticas da Oficina Española de Patentes e Marcas.
En 1999 ingresou no corpo de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado e, desde entón, ocupou diversos postos vencellados ao Ministerio de Economía e Facenda, na Dirección Xeral do Tesouro ou asesora responsable da Comisión Delegada de Asuntos Económicos no gabinete do ministro de Facenda. Foi directora do gabinete do secretario de Estado de Economía (2002-2004), directora da Oficina Comercial na Embaixada de España en Romanía (2004-2009) e directora do gabinete do ministro de Economía e Competitividade (2012-2014).
Entre 2014 e 2016 foi secretaria xeral do Tesouro e Política Financeira, sendo membro do Comité Económico e Financeiro da UE e adxunta ao ministro no Eurogrupo e Ecofin. Foi Conselleira do Banco de España, da CNMV e Vicepresidenta do Fondo de Garantía de Depósitos.
Dende 2017 hata novembro de 2021 ocupó o cargo de vicegobernadora de Estratexia de Desenvolvemento Social do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa.
En novembro de 2021 foi nomeada vogal do Consello de Administración de ABANCA Corporación Bancaria, S.A.