• Oficinas
  • Contacto
  • Mapa web
ABANCA
  • Web comercial
  • Noticias
  • Información corporativa
  • Emprego
  • Para investidores
  • RSS
  • Castellano
  • English
rosa-maria-sanchez-yedra-22

Imaxe en alta resolución

Rosa María Sánchez Yebra Alonso

Vogal

Conselleira Independente

Nada en Ourense. Técnica Comercial e Economista do Estado. Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Máster en Dirección e Administración de Empresas (MBA) polo Instituto de Empresa (IE Business School) de Madrid.

Traxectoria profesional

En 1999 ingresou no Corpo de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado e, desde entón, a súa carreira estivo vinculada ao Ministerio de Economía e Facenda. Primeiro, na Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira como responsable de Organismos Financeiros Multilaterais, chegando a ser anos máis tarde a Secretaria Xeral da devandita Institución. Posteriormente, incorpórase ao Gabinete do Ministro de Facenda como Asesora responsable da Comisión Delegada de Asuntos Económicos. En 2002 é nomeada Directora do Gabinete do Secretario de Estado de Economía, cargo que exerce ata 2004. Durante eses anos foi membro do Consello de Administración de numerosas empresas e organismos públicos, do ICO, Cesce, Icex, Segipsa, Sepi e a FNMT. Entre 2004 e 2009 foi Conselleira Económica e Comercial Xefa da Embaixada de España en Romanía. En Decembro de 2011 é nomeada Directora do Gabinete do Ministro de Economía e Competitividade (2011-2014), asumindo entre outras responsabilidades a de coordinar a execución do programa de rescate financeiro do ESM, para o sistema financeiro español, do cal dependía a estabilidade financeira da zona euro.

Entre 2014 e 2016 foi Secretaria Xeral do Tesouro e Política Financeira, Conselleira do Banco de España, da CNMV, do FROB e Vicepresidenta do FGD. Durante o seu mandato, o Tesouro realizou a primeira emisión de Letras con interese negativo, que logo se ampliou a prazos máis longos, un fito na historia da financiación do Tesouro Público. Como Secretaria do Tesouro, foi membro titular de España no influente Comité Económico e Financeiro (EFC) da Unión Europea que prepara o Eurogrupo e o Ecofin, asistindo ás reunións destes dous Consellos Europeos como Substituta do Ministro. A nivel internacional tamén foi Gobernadora Alterna no BEI e G-20 e membro titular no Financial Stability Board (FSB).

Desde 2017 ata finais de 2021 ocupou o cargo de Vicegobernadora de Estratexia de Desenvolvemento Social do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa con sede en París, sendo a primeira muller en ocupar ese cargo nos 60 anos da Institución.

En novembro de 2021 é nomeada Vocal do Consello de Administración de Abanca Corporación Bancaria. Tamén é Conselleira Independente e presidenta da Comisión de Auditoría de Pharmamar.

  • Volver ao Consello de Administración
  • Contacto
  • Oficinas
  • Axudámoste
  • Información para accionistas e investidores

    • Información xeral
    • Información financeira
    • Información privilexiada
    • Outra información relevante
    • Feitos relevantes ata 08/02/2020
    • Goberno corporativo e política de remuneracións
    • Responsabilidade social e sostinibilidade
  • Goberno corporativo e política de remuneracións

    • Estatutos
    • Xuntas Xerais de Accionistas
    • Consello de Administración
    • Comisións do Consello
    • Estrutura organizativa
    • Recomendacions do Código de Bo Goberno Corporativo
    • Regulamento interno de conduta
    • Política de Comunicación
    • Política de Gobierno Corporativo del Grupo ABANCA
    • Fusions
    • Segregacións
  • Responsabilidade Social e Sostenibilidade

    • Sostibilidade
    • Responsabilidade social
    • Informes non financeiros
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política da Seguridade da Información e Ciberseguridade
    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Configuración de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Servizo de atención ao cliente
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.