
Imaxe en alta resolución
Inês Oom Ferreira de Sousa
Vogal
Conselleira independente
Licenciada en Económicas pola NOVA School of Business & Economics de Lisboa.
Traxectoria profesional
Pola súa dilatada carreira profesional en distintas entidades lusas dispón de amplos coñecementos do sistema financeiro portugués, ademais dunha acreditada traxectoria en tarefas executivas.
Desde 1997 estivo ligada a Santander Totta, onde ocupou distintos postos de responsabilidade en áreas clave vinculadas ao negocio como internacional, banca transaccional, pemes e corporacións ou minoristas, entre outras, desde onde impulsou proxectos estratéxicos para o banco.
Entre 2021 e 2024 foi responsable de Europa de ESG do Banco Santander. Tamén ostentou o cargo de presidenta do consello de administración da Fundação Santander Portugal.
Ademais de formar parte do comité executivo de Santander Totta e dos consellos de administración de Santander Totta, Mapfre Santander Portugal, Aegon Santander Portugal, Santander Totta Seguros ou Universia Portugal.
En xuño de 2025 é nomeada vogal do Consello de Administración de ABANCA Corporación Bancaria, S.A.