Sostibilidade
En ABANCA traballamos desde as nosas orixes por un modelo de banca responsable e sostible, transparente e innovador, baseado nun negocio económico rendible, que nos permita contribuír ao desenvolvemento social e á protección do medio ambiente.
Recentemente reformulamos a nosa estratexia para adaptala ao contexto actual e fixamos novos obxectivos aliñados coa Axenda 2030 e os Acordos de París. O Plan de acción para unha banca responsable e sostible 2021-2024 inclúe os obxectivos que fixamos e a folla de ruta establecida para ser un actor relevante no campo da sostibilidade; apoiar a actividade económica sostible integrando aspectos ambientais, sociais e de goberno (ESG) no modelo de xestión, negocio e risco e acompañar aos nosos clientes na transición cara á sostibilidade.
As accións previstas para promover un modelo económico e social respectuoso co medio ambiente estrutúranse en torno a tres liñas principais de acción ESG:
- Ambiental: inclúe as medidas para afrontar a emerxencia climática.
- Socioeconómico: inclúe accións para promover a recuperación e transformación cara a un desenvolvemento sostible.
- Bo goberno: accións para promover un modelo de xestión centrado nas necesidades dos grupos de interese e con especial atención aos novos riscos.
Plan de Sostibilidade 2021 - 2024 - Sentir Planeta ABANCA
Modelo de actuación
A Política de Sostibilidade e la Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sostibilidade, xunto co resto de políticas internas, constituen o marco corporativo que guía as nosas actuaciòns no ámbito de Sostibilidade.
Política de Sostibilidade
Política Enerxética e Ambiental
Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sostibilidade
Declaración sobre os principais impactos adversos na sostibilidade
ABANCA ten a firme vontade de que a sùa actividade sirva de impulso para o crecemento sostible de forma transparente, en liña cos dez principios do Pacto Mundial, así como cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) lanzados polas Naciòns Unidas e o Acordo de París.
A entidade compromètese a actuar en toda a sùa cadea de valor e na súa esfera de influenza para a consecución, así como a difusión, destos compromisos asumidos.
Para garantir a excelencia do noso modelo de traballo e responder ós retos que plantexa o cambio climático dende o punto de vista ambiental, social e de gobernanza, guiámonos polos estándares e selos de calidade máis exixentes: