A nosa responsabilidade
Levamos décadas traballando en valorar e xestionar o impacto social e ambiental de todo o que facemos, alén das esixencias normativas. E cremos que fomentar o diálogo e a transparencia é a mellor forma de conseguilo.
-
Sostibilidade
Traballamos ao longo da nosa cadea de valor e esfera de influencia co fin de contribuír á creación e desenvolvemento dunha sociedade sostible e inclusiva.
-
Voluntariado corporativo
Garantimos a integración e a supresión de barreiras para colectivos sensibles, implicámonos e comprometémonos con todas aquelas persoas en risco de exclusión social e somos eixo vertebrador de sensibilización con aqueles que resultan afectados por situacións catastróficas.
-
Ética e transparencia
Cremos nunha nova forma de traballar de xeito ética e transparente, defendémola e compartímola a través do noso estilo de facer e comunicar as cousas baseado nos valores de confiabilidade, innovación, calidade e responsabilidade.
Consulta o Código Ético e de Conduta, e mais o noso Compromiso cos Dereitos Humanos, a Política Anticorrupción e a Política Fiscal de ABANCA.
-
Afundación
Apoiamos un modelo de educación superior innovador e de calidade orientado á empresa, que fomente o desenvolvemento das persoas e potencie o papel activo dos maiores na sociedade a través do acordo asinado con Afundación.
-
Difusión de arte ABANCA
Promovemos o desenvolvemento cultural da sociedade pondo a disposición todo o noso patrimonio artístico. Difundimos e divulgamos a Colección de Arte ABANCA, unha das máis importantes do territorio español de ámbito privado. Achégate a través dunha visita virtual.
-
Calidade de servizo
Estamos comprometidos coa mellora continua e a excelencia na xestión dos nosos procesos e servizos como pancas necesarias para ofrecer servizos de calidade, promovendo as mellores prácticas nos sistemas de xestión, coñecendo as expectativas dos nosos clientes internos e externos, e impulsando accións para a mellora.
Coñece a Cultura de Calidade de ABANCA.
-
Edificios Institucionais
Temos en conta a significación e transcendencia da actividade das organizacións do terceiro sector, poñendo os nosos edificios institucionais a súa disposición sen custo.
Coñece os nosos edificios.
-
Protección a debedores hipotecarios
Traballamos para protexer, por iniciativa propia, a todos os nosos debedores hipotecarios. Consulta o fondo social de vivendas e o formulario de solicitude que debes remitir a gestionsingularvivienda@abanca.com.
Teléfono de información: 981 18 65 79
-
Memorias anos anteriores
Consulta o noso rexistro histórico de memorias corporativas, un documento no que, desde 2015, damos conta das actividades que desenvolvemos nos planos social, de goberno corporativo e de negocio.